Daddario lidera ás meigas de Mayfair

100

Alexandra DaddarioAlexandra Daddario (Percy Jackson: Sea of Monsters) será a protagonista de Mayfair Witches, a adaptación que a canle AMC está a preparar da série de novelas The Lives of the Mayfair Witches da recentemente finada escritora Anne Rice. Daddario será Rowan, unha médica que arrostra o seu destino coma herdeira dunha família de poderosas bruxas. A primeira tempada contará con oito episódios, cun guión de Esta Spalding e Michelle Ashford.