Tres novos nomes para Anansi Boys

74

Fiona ShawFiona Shaw, CCH Pounder e mais Jason Watkins son os novos nomes que entran en Anansi Boys, a série baseada na novela homónima de Neil Gaiman que producirá a Amazon Studios. Malachi Kirby e mais Delroy Lindo son os seus protagonistas principáis, mentres que L. Scott Caldwell, Joy Richardson e Lachele Carl compoñen o resto do elenco. O mesmo Gaiman será o co-showrunner e mais o produtor executivo.