A Netflix continúa adaptando ao Dr. Seuss

379

A Netflix e mais a Dr. Seuss Enterprises veñen de chegar a un acordo polo que producirán cinco novas séries e telefilmes de debuxos animados dirixidas aos nenos e baseadas nas obras do famoso escritor Theodor Geisel (ou sexa, o Dr. Seuss).

As cinco histórias que serán adaptadas para a pequena pantalla serán One Fish, Two Fish, Red Fish, Blue Fish, Horton Hears a Who!, The Sneetches, Wacky Wednesday e mais Thidwick The Big-Hearted Moose.

Con este acordo, a Netflix continúa facendo honra ao contrato que asinou cos herdeiros do Dr. Seuss para producir contidos baseados nos seus libros. A elas hai que lle engadir a série de debuxos animados Green Eggs and Ham que comezou a se emitir en 2019 e cuxa segunda tempada estreará-se o 8 de abril.

A implicación da Netflix nos contidos do Dr. Seuss prodúce-se após da adquisición dos dereitos dos contos de Roald Dahl en setembro do ano pasado.