O Irredimíbel contra o Incorruptíbel

1042

O director e cantante inglés Jeymes Samuel, mais coñecido polo seu alcume de The Bullits, ven de aterrar nun novo proxecto que adaptará para o cinema as séries de cómic Irredeemable e mais o seu spin-off Incorruptible, publicadas pola editorial Boom! Studios.

O plan é combinar os dous títulos de cómic nunha soa longametraxe, que contará cun guión de Kemp Powers, autor de cinco episódios de Star Trek: Discovery e director ademais de Spider-Man: Across the Spider-Verse.

O guionista Mark Waid e mais os debuxantes Peter Krause e Diego Barreto crearon Irredeemable coma unha deconstrución dos clásicos contos de superheroes. O seu protagonista é o derradeiro heroe do mundo, O Plutoniano, quen creba baixo o peso das súas responsabilidades, deseña un escuro vieiro para se converter nun supervilán e mata a millóns de persoas no proceso.

Incorruptible, cos debuxantes Marcio Takara e Damian Couceiro, dá a volta ao anterior paradigma, xa que agora é o supervilán Max Damage o protagonista, transformándo-se gradualmente nun superheroe co obxetivo de detér ao Plutoniano antes de que os seus própios poderes dexenerativos lle fagan perder a cabeza.

Samuel, Jay-Z, James Lassiter, Stephen Christy e Ross Richie serán os produtores. A Boom! Studios conta cun acordo de primeiro lance coa Netflix, coa que xa está a producir outra adaptación, neste caso a do cómic de Keanu Reeves BRZRKR.