Cox, Falco e Kudrow nun Poltergeist

645

Brian Cox, Edie Falco, Lisa Kudrow e Dean Norris serán os protagonistas de The Parenting, unha comédia con trasfondo de poltergeists que producirán a New Line e mais a HBO Max.

Kent Sublette escribiu a história, que vai sobre unha parella de gais que organiza unha festa de fin de semana para que os pais se coñezan entre eles nunha acolledora casa de aluguer no campo. As cousas comezan a se poñer feas cando os convidados descubren que a casa está xa habitada… pola pantasma dunha sinistra entidade que ten 400 anos.

Craig Johnson (The Skeleton Twins) é o director. A rodaxe dará comezo xa neste mes de marzo en Massachusetts, coa produción de Chris Bender e Jake Weiner.