Francis Lawrence dirixe Stalag-X

657

Francis Lawrence, o responsábel das secuelas da saga de Hunger Games e do filme I Am Legend, dirixirá unha adaptación para as pantallas grandes da novela gráfica Stalag-X, orixinal do autor supervendas Kevin J. Anderson (Dune: House Atreides) e do veterán guionista Steven L. Sears (Xena, The A-Team) para a New Republic Pictures.

A violenta história orixinal, ilustrada polo debuxante catalán Mike Ratera e publicada en 2018, vai sobre un solitário soldado humán encerrado nun campo de prisioneiros de guerra extra-terrestre nun duro e afastado planeta. Coidando que o seu cerebro é a chave para por fin a un conflito interestelar que dura unha década, a raza alieníxena dos Krael o examina, o tortura e o somete a experimentos que alteran a súa mente e que o levan ao mais profundo das súas lembranzas.

Lawrence, Brian Oliver, Bradley Fischer e Cameron MacConomy serán os produtores desta longametraxe, que contará cun guión que Joy Wilkinson adaptou a partir da fonte orixinal.