A actriz inglesa Alice Eve (Men in Black 3, Star Trek Into Darkness, Iron Fist) será a protagonista do episódio piloto de Early Edition, a clásica e relembrada série de finais dos anos 90 que a canle CBS quere reiniciar adaptándo-a aos nosos tempos.
Eve interpretará a Beth, unha ambiciosa pero intransixente xornalista dunha canle de televisión local en Seattle, que cada mañá comeza a recibir hoxe o xornal do día seguinte. Axiña atopará-se na complicada situación de ter que cambiar as novas, en lugar de informar sobre elas.
Early Edition foi orixinalmente unha série que se emitiu dende 1996 a 2000, ambientada en Chicago, protagonizada por Kyle Chandler e creada por Ian Abrams, Patrick Q. Page e Vik Rubenfeld. Este novo proxecto sería un reinício pero con cámbio de xénero.
Melissa Glenn será a guionista e produtora executiva da nova versión, acompañada do predicador cristián DeVon Franklin, e mais de Bob Brush, guionista da série dos 90.