Catro mais para Blue Beetle

83

Blue BeetleA actriz nominada ao Oscar Adriana Barraza, o cómico George Lopez, Elpidia Carrillo e Damián Alcázar son os novos catro nomes que se unen ao elenco totalmente latino do filme de superheroes Blue Beetle para a DC Films e a Warner Bros. Pictures. Xolo Maridueña (Cobra Kai) é o protagonista no papel de Jaime Reyes, e Bellisa Escobedo, Bruna Marquezine e Harvey Guillen son os outros protagonistas da película, que dirixe Ángel Manuel Soto cun guión do mexicano Gareth Dunnet-Alcocer.