Éxito para o Coche Fantástico

0
184

KITT, preciso-te!O episódio piloto da NBC de dúas horas de duración para a nova série do Coche Fantástico foi líder de audiéncia o pasado 17 de febreiro e mesmo chegou acadar os millores índices para un telefilme nos últimos tres anos.

Os bós índices incrementan as posibilidades de que a devandita canle dea luz verde á série baseada neste episódio piloto, unha posta ao día e secuela da famosa série homónima dos anos 80. Ningún telefilme acadara tan bós índices nos Estados Unidos dende que en marzo de 2005 a ABC emitira Their Eyes Were Watching God, un drama baseado na vida dunha escritora negra.

O coche fantástico estivo protagonizado por Justin Bruening, Deanna Russo, Sydney Tamiia Poitier e Bruce Davison e está considerado coma un forte candidato para regresar a tempada que ven. A NBC tomará axiña unha decisión, xa que as novas séries sempre se anúncian no mes de maio.