Ricci regresa á Família Addams

168

Case trinta anos despois de interpretar a Wednesday Addams no filme Addam Family ValuesChristina Ricci regresará á franquía nun papel aínda sen desvelar na vindeira série Wednesday na Netflix.

Aínda que o servizo de streaming non deu a coñecer o papel que interpretará Ricci, está xa confirmado que non será unha versión maior do seu persoaxe.

Tim Burton dirixe esta nova adaptación do clásico cómic creado en 1938, desta volta cunha série de oito episódios con acción e mistério, e centrada no persoaxe de Wednesday Addams (Jenna Ortega) coma estudante da Académia Nevermore.

Nos episódios, Wednesday intenta dominar a súa emerxente capacidade psíquica, desbaratar unha monstrosa matanza na vila e resolver o mistério sobrenatural que enleou aos seus pais hai vintecinco anos.

Os outros membros protagonistas do elenco xa confirmados son Catherine Zeta-Jones coma Morticia Addams e Luis Guzmán coma Gomez Addams. Burton, Al Gough e Miles Millar son os produtores executivos.