Os Winchester xa teñen pais

177

Meg Donnelly (Zombies) e Drake Rodger serán os protagonistas de The Winchesters, o vindeiro spin-off de Supernatural que prepara a canle The CW, nos papéis de Mary e John Winchester, os futuros pais dos irmáns Sam e Dean Winchester.

Jensen Ackles, que interpretou a Dean ao longo das quince tempadas de Supernatural, narrará o episódio piloto e será o produtor executivo. Donnelly e Rodger fan-se cos papéis que Samantha Smith e Jeffrey Dean Morgan interpretaran periodicamente na série orixinal.

Dende a perspectiva de Dean, o piloto narrará a história de amor nunca antes contada de como John atopou a Mary e de como o poñen todo en xogo non só para salvar o seu amor, senón para salvar ao mundo enteiro.

Mary é unha rapaza de 19 anos que leva toda a vida loitando contra as forzas do mal e está considerando a posibilidade de abandoar esta laboura após da desaparición de seu pai. E John é un altruísta e lúcido veterán da guerra de Vietnam que segue as pegadas do pasado de seu pai, o que o leva a unha organización secreta e a unha nova guerra coma cazador.

Robbie Thompson escribiu o guión e será o produtor executivo xunto a Jensen e a Danneel Ackles. Glen Winter dirixirá este episódio piloto para a Warner Bros. TV e a CBS Studios.