Hugh Grant, o novo Doutor Who?

101

Hugh GrantSegundo a prensa sensacionalista inglesa, Hugh Grant podería ser a vindeira encarnación do Doutor Who na série homónima da canle BBC. Este sería o primeiro chanzo nun novo plan para revitalizar a franquía e converte-la nun “Whoniverso”, após de que a actual doutora, Jodie Whittaker, abandoase a série o ano pasado. Russell T. Davies, o responsábel de resucitar a série en 2005, regresará coma showrunner na nova tempada.