Leto di que TRON 3 está mais preto

110

TRON: LegacyA posíbel secuela do filme de 2010 TRON: Legacy leva bulindo coma rumor moitos anos. Aínda que en 2020 o director Garth Davis e mais o actor Jared Leto chegaron a bordo do proxecto para revivi-lo, non se volveu saber mais até onte, cando Leto dixo: “Son un grande fan de TRON, e estamos a traballar arreo cos nosos incríbeis parceiros da Disney. Un grupo incríbel de xente creativa. Estamos achegándo-nos. Estamos cada vez mais preto, e quen sabe? Pode que haxa algo axiña“.