O actor e realizador Rawson Marshall Thurber (Red Notice, Skyscraper) ven de ficar vencellado a un novo proxecto no que participará coma guionista e director dunha versión para o cinema con acción real de Voltron, a clásica série de debuxos animados e xoguetes dos anos 80.
Nestes intres hai unha guerra de poxas por ver quen se fai cos dereitos, coa Warners, a Universal e a Amazon entre outros estudos e servizos de streaming interesados, pero ún que non está entre os contendentes é a Netflix, mália contar dende 2016 na súa grella co reinício da série Voltron: Legendary Defender. Thurber creou a história desta nova versión no cinema e co-escribirá o seu guión canda Ellen Shanman.
A série orixinal tiña coma protagonistas a cinco mozos pilotos dun batallón chamado os Leóns Robot, cuxos vehículos podían unir-se e formar xuntos un mega-robot de combate chamado Voltron.
Bob Koplar, Todd Lieberman e mais David Hoberman serán os produtores.