O pesadelo fantástico de Cosmatos

767

O peculiar realizador italo-canadiano Panos Cosmatos, responsábel de dous dos títulos mais orixinais do xénero fantástico mais recente (Beyond the Black Rainbow, Mandy) ven de poñer os ollos nun novo proxecto para unha película, na que regresará á ciéncia-ficción. Titulado Nekrokosm, o filme conta cun guión orixinal de Maegan Houang (Counterpart), que escribiu xunto ao mesmo Cosmatos.

Calificada polos seus autores coma un “pesadelo fantástico fantasmagórico”, a história épica desenvólve-se no mais profundo dunha estraña galáxia na que dous amantes se ven separados mentres intentan sobrevivir a unha invasión malévola.

Cosmatos ten prevista unha xuntanza coa produtora XYZ Films para esta longametraxe, que captou xa o interese da A24, que financiará e se encargará do lanzamento mundial. Nate Bolotin, da XYZ, será o produtor.