A Paramount Pictures está a matinar os primeiros pasos para desenvolver un proxecto, aínda sen título, baseado nas obras do clásico escritor de ciéncia-ficción H.G. Wells para o seu selo Paramount Players.
A compañía produtora do director de The Maze Runner, Wes Ball, está atrás deste proxecto, que seica sería unha adaptación moi libre e baseada na “mitoloxía” que rodea un dos títulos mais emblemáticos do autor inglés.
Porén o que titulo sería ese, aínda non está claro. Entre as obras mais notábeis de Wells cómpre salientar The Time Machine, The War of the Worlds, The Invisible Man e The Island of Dr. Moreau, todas elas xa adaptadas ao cinema en numerosas ocasións.
Polo momento aínda non hai ningún director vencellado ao proxecto, do que nombergantes si que existe un guión obra da prometedora Laura Gillis, baseado á súa vez noutro anterior de T.S. Nowlin (The Adam Project). Nowlin, Ball, Joe Hartwick Jr. e Hank Wyler serán os produtores.