McMurray dirixirá Black para a Warners

117

O realizador Gerard McMurray, responsábel do filme de terror distópico The First Purge (2018) escribirá o guión e dirixirá unha adaptación ás pantallas do cómic Black para a Studio 8 e mais a Warner Bros. Pictures.

A obra orixinal, de Kwanza Osajyefo e Jamal Igle, e á que algúns alcuman coma unha mestura de X-Men e The Wire, está ambientados nuns Estados Unidos onde só os negros posúen superpoderes. O descobremento fai-se cando a policía fai-lle un perfil racial e dispara a un adolescente de Brooklyn chamado Kareem Jenkins.

Jenkins vive para narrar a história e entra en contacto con outros que teñen poderes semellantes, co que descobren unha conspiración pola que até daquela ao mundo, e especialmente á comunidade negra, se lle negara o coñecemento dos seus superpoderes.

Jeff Robinov, John Graham e Matteo Pizzolo serán os produtores.