Teen Wolf completa o seu elenco

130

Ian Bohen e mais Khylin Rhambo repetirán os seus papéis de Peter Hale e Mason Hewitt na vindeira secuela no cinema da série de lobishomes Teen Wolf da MTV, que está a preparar a Paramount+ para emitir neste o seu servizo de streaming.

Ademais, Vince Mattis, Nobi Nakanishi e Amy Lin Workman entran tamén no elenco deste proxecto. Mattis será Eli Hale, o fillo adolescente de Derek, Nakanishi interpretará ao sheriff Ishida e Workman fará o papel de Hikari Zhang.

Todos eles únen-se aos anteriormente anunciados Tyler Posey, Holland Roden, Shelley Hennig, Crystal Reed, Orny Adams, Linden Ashby, JR Bourne, Colton Haynes, Ryan Kelley, Melissa Ponzio e Dylan Sprayberry, quen eran xa actores habituais da série e que regresarán para a película repetindo os seus papéis.

Os que non regresarán do elenco orixinal son as estrelas Dylan O’Brien nin Arden Cho, quen seica declinaron a oferta da Paramount. Porén outra das estrelas da série, Tyler Hoechlin, actualmente moi ocupado no seu papel de Clark Kent en Superman & Lois na canle CW, si que terá tempo e regresará ao seu papel de Derek Hale.

O filme conta coa produción do creador da série, Jeff Davis, a MTV Entertainment Studios e a Orion Television, propriedade da MGM. A rodaxe ten previsto comezar xa esta semana.