Sharon Stone é a mala de Blue Beetle

99

A veterán actriz Sharon Stone ven de se unir ao elenco maioritariamente latino da adaptación ao cinema do cómic da DC Blue Beetle para a HBO Max.

A relembrada protagonista de Totall Recall ou Sphere fará nesta ocasión o papel da vilán Victoria Kord no filme dirixido por Ángel Manuel Soto a partir dun guión de Gareth Dunnet-Alcocer.

O seu persoaxe foi creado para a ocasión, pero aparentemente garda relación con outro xa existente, Ted Kord, a segunda versión do Blue Beetle no universo da DC Comics, así que Victoria podería ser a súa muller.

Xolo Maridueña (Cobra Kai) é o protagonista no papel de Jaime Reyes, mentres que George Lopez, Adrianna Barraza, Harvey Guillén, Bruna Marquezine, Damian Alcazar, Belissa Escobedo e mais Elpidia Carrillo o acompañan. John Rickard é o produtor e a data de estrea nas salas de cinema é o 18 de agosto do ano que ven.