Joel Edgerton protagoniza Dark Matter

210

A megacorporación Apple e mais a Sony Pictures Television veñen de contratar a Joel Edgerton para que sexa o protagonista e produtor executivo dunha série de nove episódios que adapte para a tele a novela Dark Matter, orixinal do escritor Blake Crouch, e que se emitirá no servizo exclusivo da Apple+.

Edgerton interpretará a Jason Dessen, un profesor de física e pai de família que unha noite, mentres paseaba polas rúas de Chicago, é secuestrado a unha versión alternativa da súa vida.

O abraio convérte-se axiña nun pesadelo cando intenta volver á súa realidade no médio do multiverso de vidas que podería vivir. Nun labirinto de realidades alucinantes, embárca-se nunha anguriante viaxe para regresar coa súa verdadeira família e salva-la do inimigo mais aterrador e imbatíbel que se poida imaxinar: el mesmo.

Crouch adaptará o libro para as pantallas e será ademais o showrunner e produtor executivo xunto a Matt Tolmach e David Manpearl, mentres que o francés Louis Leterrier (The Incredible Hulk) dirixirá os primeiros catro episódios.