A Disney+ censúra-se a si mesma

63

Falcon and the Winter SoldierApós de case un ano da súa estrea, a Disney+ ven de editar a série The Falcon and The Winter Soldier censurando algunhas das escenas mais sanguentas. Algúns usuários se decataron dos cambios, que inclúen a desaparición de cadáveres, sangue e violéncia. Só horas despois, a Disney+ asegurou que foi un erro e que xa está emendado, pero o certo é que a versión editada aínda é visíbel dependendo dende que país se vexa.