A cociña de Kaluuya no Londres do futuro

80

O actor e guionista inglés Daniel Kaluuya, gañador do Oscar ao mellor actor secundário en 2021, ven de rematar de escribir o guión do drama distópico futurista The Kitchen para a Netflix.

A história ten lugar en Londres no ano 2044, nun futuro onde as diferéncias salariais chegan ao seu punto mais alto, todas as vivendas sociais foron eliminadas e as clases traballadoras deben vivir en casas temporais ás afóras da cidade.

The Kitchen (“A Cociña” en galego) é a primeira e mais salientábel desta caste, e a derradeira vila de Londres que alberga residentes que se negan a seguir adiante e a abandoar o lugar ao que chaman fogar. Aquí atopamos a Izi (Kane Robinson), un residente que tenta atopar desesperadamente unha saída, e a Benji (Jedaiah Bannerman), un neno de 12 anos que perdeu á súa nai e que está á procura dunha família. O filme narrará como esta inesperada parella loita por sobrevivir nun sistema que foi creado contra xente coma eles.

Joe Murtagh (Gangs of London) é o outro responsábel do guión, baseado nunha ideia orixinal de Kaluuya, Kibwe Tavares e Daniel Emmerson. Tavares dirixirá o proxecto, que ten prevista a rodaxe en diversas localizacións de París e Londres.

Michael Fassbender será o produtor executivo xunto a Conor McCaughan, da DMC Film. A Netflix ten plans de estrear a longametraxe en todo o mundo en 2023.