A Netflix e mais a Skydance veñen de pechar un acordo polo que recomezarán a franquía Spy Kids creada polo realizador texano Robert Rodriguez.
O mesmo Rodriguez regresará para escribir e dirixir este proxecto, que presentará ao mundo unha nova família de nenos espías e que será a súa segunda película “para todos os públicos” que fai na Netflix dende We Can Be Heroes (2020).
Antonio Banderas, Carla Gugino, Alan Cumming, Cheech Marin, Danny Trejo, Tony Shalhoub, Alexa Vega, Daryl Sabara, Emily Osment e Matt O’Leary foron os protagonistas da franquía orixinal, composta por catro filmes que no seu conxunto recadaron mais de 550 millóns de dólares nos despachos de billetes de todo o mundo.
David Ellison, Dana Goldberg, Don Granger, Elizabeth Avellan e mais Racer Max serán os produtores xunto á empresa dona dos dereitos, a Spyglass Media.