Episódio gai de Star Trek

0
187

Os protagonistasEn corenta anos de filmes e séries de televisión, Star Trek amosou sobradamente toda caste de relacións sexuais e sentimentais, nas que se retrata a parellas interétnicas, ou entre diferentes espécies, relacións polígamas e monógamas, pero nunca homosexuais. Até o de agora.

Hai xa case tres anos dende que se deixaron de emitir novos episódios de Star Trek na televisión americana, pero os fans da saga non están dispostos a ficar sen ela, polo que comezaron a crear versións de seu da história.

Un dos proxectos que puxeron en marcha é Star Trek: New Voyages, do que se rodaron xa vários episódios. E nun deles, o sobriño gai do Capitán James T. Kirk e mais o seu mozo chegan á nave.

Esta história forma parte dun proxecto online independente chamado Star Trek: Phase II, que pretende ser unha cuarta tempada da série orixinal usando novos actores nos papeis de Kirk e compañía. A CBS e mais a Paramount permiten a realización desta clase de proxectos aos fans da série, sempre e cando non sexan destiñados para obter cartos.

O capítulo no que aparece unha parella formada por dous homes baséa-se en realidade nun guión escrito polos produtores oficiais da série en 1988, que foi rexeitado antes de poder gravar-se polo medo dos produtores á reacción contrária do público.

O capítulo agora gravado, titulado Blood and Fire, emitirá-se en dúas partes a través da Internet. Orixinalmente fora escrito para a série e contara co apoio do creador da saga, Gene Roddenberry. O seu obxectivo era relatar unha espécia de metáfora do sida.