Kathryn Bigelow regresa á ciéncia-ficción

998

A realizadora gañadora do Oscar Kathryn Bigelow, que non presentaba novos traballos dende 2017, ven de por os ollos en Aurora, un novo proxecto da Netflix, e esta vez regresando ao xénero da ciéncia-ficción, que non dirixía dende Strange Days (1995).

A história vai sobre as consecuéncias dunha devastadora tormenta solar que deixa inutilizábeis a maioría das redes eléctricas da Terra. A acción enfóca-se na história persoal dunha nai divorciada que debe facer todo o que poida para protexer á súa filla adolescente e ao seu irmán afastado, un millonário de Silicon Valley que construíu un luxoso búnquer no deserto para cando houber un desastre coma este.

O proxecto adaptará asemade ás pantallas unha novela aínda sen publicar do veterán guionista de Jurassic Park e Spider-Man, David Koepp, quen se encargará de escribir el mesmo o guión.

O filme conta cun orzamento extraordinário de mais de 100 millóns de dólares e Greg Shapiro e mais Gavin Polone serán os seus produtores.