A Bad Wolf Productions (His Dark Materials, Da Vinci’s Demons) ven de se facer co seu primeiro grande proxecto dende que a empresa fora adquirida pola Sony Pictures Television. A produtora adaptará The Winter King, a novela que dá comezo á triloxía Warlord Chronicles de Bernard Cornwell, nunha série de televisión de dez episódios.
Os libros son unha versión revisionista das clásicas lendas artúricas, nas que o protagonista é Artur Pendragon mentres vai evolucionando dende un foraxido até se converter nun lendário guerreiro e líder da Bretaña do século V. Esta primeira entrega publicou-se en 1995 e a terceira e derradeira en 1997.
Kate Brooke e Ed Whitmoreare adaptarán a novela para a tele, mentres que Otto Bathurst se encargará da dirección. A rodaxe terá lugar en Gales este ano coa colaboración da One Big Picture, que participa tamén coma produtora.