A Netflix ven de anunciar que a vindeira tempada de Locke & Key, que se emitirá ao longo deste ano, será tamén a derradeira. A série, baseada no cómic de Joe Hill e Gabriel Rodriguez, remata após dun acordo mútuo entre o servizo de streaming e mais os showrunners Carlton Cuse e Meredith Averill, quen afirmaron nun comunicado que a súa ideia fora sempre crear un argumento ao longo de tres tempadas.