Após de protagonizar vários incidentes violentos nos que tivo que lidar coa policía e foi mesmo arrestado, o futuro do actor Ezra Miller na Warner Bros. Pictures semella estar mais ca cuestionado. Polo de agora, nunha xuntanza cos executivos dos estudos, decediu-se deter todos os proxectos nos que participa. Como vai afectar isto ao seu vindeiro filme The Flash aínda non está claro, pero seica volver a rodar as súas escenas está descartado.