Lucas quere máis guionistas

0
210

George LucasCalquera cousa que faga George Lucas é nova de interese, e máis se está a se encontrar con guionistas para a súa longamente agardada série televisiva sobre o mundo da Guerra das Galáxias con acción real.

Fontes anónimas ás que tivo acceso NOVA FANTASIA citaron plans de Lucas para recrutar a moitos “freelancers” que pasen unha semana no Rancho Skywalker, a residéncia do cineasta, para que no mes de novembro dean con novas ideias para a série.

Seica Lucas indicou o seu desexo de incluir a guionistas doutros países e non só americanos. Estes guionistas deberán logo espallar-se e escribir os trece primeiros episódios que serían producidos e financiados por Lucas.

Cando Lucas comezou a recrutar guionistas de Hollywood por primeira vez en febreiro de 2006, a súa intención orixinal era producir 26 episódios antes de que logo se puxese a procurar un parceiro nunha canle de televisión.