Máis Street Fighter!

845

Street FighterA protagonista de Smallville Kristin Kreuk axuntará-se a Michael Clarke Duncan, Chris Klein e Rick Yune coma estrelas dunha nova versión cinematográfica de Street Fighter, baseada no popular videoxogo da Capcom.

Hyde Park Entertainment e mais a Capcom producirán o filme, que distribuirá a 20th Century Fox. Agárda-se que a rodaxe dea comezo en marzo en Bangkok, Hong Kong e Vancouver.

Kreuk será a experta en martes marciais Chun-Li. Duncan interpretará a Balrog, mentres que Klein tomará o papel de Nash. Yune será o místico Gen.

O toque final ao reparto virá de maos de Moon Bloodgood, Taboo en Black Eyed Peas, Edmund Chen (de Singapur) e a estrela honconesa Cheng Pei Pei. Os produtores están ainda á procura dun malvado para o filme, que deberá interpretar o papel de Bison.

Andrzej Bartkowiak (Romeo debe morrer) dirixirá un guión de Justin Marks (Voltron). O coñecido coreógrafo de películas de artes marciais honconés Dion Lam (Matrix) encarregará-se das escenas de loita.

A Universal xa fixera unha versión deste videoxogo en 1994, que protagonizaran Jean-Claude Van Damme e Raul Julia.