A Peacock revive á Pantasma Amigábel

883

O servizo de streaming da Peacock está a desenvolver unha nova versión lixeiramente mais sinistra e escura do clásico dos debuxos animados Casper the Friendly Ghost, esta vez nunha série de terror con acción real que funcionará coma unha história de orixe do persoaxe.

Nesta nova orixe, unha família chega á pequena vila de Eternal Falls, onde Casper é enleado nun mistério que descobre escuros segredos enterrados dende hai mais dun século.

A série contará cun guión da taiwanesa Kai Yu Wu (Hannibal, The Flash), quen ademais será a produtora executiva. A UCP e mais a DreamWorks Animation producirán conxuntamente o proxecto.

O persoaxe de Casper foi creado por Seymour Reit e Joe Oriolo no ano 1945 e desenvolveu-se até 1959 en 55 filmes de debuxos animados, até que pasou a ser unha série de cómic e logo de debuxos animados na televisión, dende 1959 até 2012. Finalmente, a Universal estreou Casper en 1995, unha película con acción real e efectos xerados por computadora, o mesmo que se agarda para esta vindeira versión.