Nimona chega por fin en 2023

113

Chloë Grace Moretz, Riz Ahmed e Eugene Lee Yang liderarán o elenco de voces de Nimona, unha longametraxe de debuxos animados que trasladará ás pantallas da Netflix o cómic homónimo orixinal de ND Stevenson, a creadora, showrunner e produtora executiva de She-Ra and the Princesses of Power.

A história vai sobre Nimona (Moretz), unha metamorfa adolescente que se une ao falcatruán Ballister Blackheart (Ahmed) nos seus plans de destruír o sobrecontrolador Instituto. Blackheart trata de actuar segundo o seu código ético, mentres que Nimona non ten ningún problema en matar. A ambientación mestura máxia e tecnoloxía e o filme conta cunha temática LGBT, polo que estaba preparado para presentar afectos explícitos entre persoas do mesmo sexo, ademais de contar con persoaxes que poñen de relevo a homosexualidade e a fluidez da identidade.

A Netflix asociará-se coa Annapurna Pictures neste proxecto, que foi adquirido despois de que o seu antigo dono, a Blue Sky Studios, (pertencente á súa vez á 20th Century Fox) non puidera desenvolve-lo. O filme non chegou a recibir o visto bó da Disney, que pechou por completo a Blue Sky cando a maior parte do filme estaba xa completado. Agora, coa Netflix xa a bordo, os plans son rematar a produción e estrear o ano que ven.

Nick Bruno e mais Troy Quane (Spies in Disguise) serán os directores, mentres que Roy Lee, Karen Ryan e Julie Zackary producirán o proxecto.