EN BREVE 17. May 2022 Léa Seydoux e mais George MacKay protagonizarán o thriller romántico The Beast , que comezará a se rodar en agosto baixo a dirección de Bertrand Bonello . O filme está ambientado entre París e Califórnia nun futuro próximo onde as emocións convertéron-se nunha ameaza e Seydoux interpreta a unha muller que decide purificar o seu ADN de todas as emocións fortes, pero atopa a un home por quen sentirá un forte vencello.
16. May 2022 David Tennant e Catherine Tate regresarán a un episódio especial de Doctor Who co gallo do 60° aniversário do veterán programa da BBC. Os dous actores interviñeran nos papéis do Doutor e mais a súa axudante a princípios dos anos 2000, converténdo-se daquela nos rostros mais populares da história da série, e regresarán para este especial se cadra coma convidados nun "Who-Multiverso", se ben non hai nada confirmado sobre o argumento que os traerá de volta.
16. May 2022 A Disney ven de anunciar a través do seu sítio web oficial en Inglaterra que a série She-Hulk da Marvel Studios estreará-se no servizo a partir do 17 de agosto. A série, en tón de comédia, durará dez episódios, nos que veremos a Bruce Banner (Mark Ruffalo ) axudar á súa curmá Jennifer Walters (Tatiana Maslany ) cando esta precise unha transfusión de sangue de emerxéncia e reciba de paso os seus poderes mutantes.