China censura a Batman

0
204

BatmanSerá o filme que mais recadou en 2008 e un dos que mais recadaron en toda a história do cinema, mália que os 1.300 millóns de persoas que povoan China non poderán ir ve-la finalmente. A Warner Bros. decidiu aceptar as imposicións do governo chinés e O Cabaleiro Escuro, o segundo Batman de Christopher Nolan que protagonizan Christian Bale e mais o falecido Heath Ledger, non se estreará en China para non ferir supostas “sensibilidades de orde cultural“.

Considerando unha série de condicións právias á estrea que están a se vencellar a O Cabaleiro Escuro, así coma sensibilidades culturais nalgúns elementos do filme, decidimos non lanzar a película na China“, afirmou a Warner nun escueto comunicado, no que non dan mais razóns de por que o último Batman non se poderá ver nas salas de cinema da derradeira ditadura totalitária do planeta.

E en auséncia de mais explicacións, todo indica que esas “sensibilidades culturais” das que fala a produtora se refiren á espectacular secuéncia que se inclúe na primeira parte do filme no que Batman viaxa até território chinés, concretamente a Hong Kong, para capturar a un perigoso cerebro criminal adicado a blanquear os cartos da máfia de Gotham. Precisamente alí, en Hong Kong, O Cabaleiro Escuro si que se estreou sen problemas e recadou mais de 7,5 millóns de dólares.