The Orville, a série de ciéncia-ficción creada, escrita, dirixida, producida e protagonizada por Seth MacFarlane, rematou a rodaxe da súa terceira tempada en agosto de 2021, pero non hai plans para unha cuarta e todos os actores foron xa despedidos, sen que se renovaran as opcións de continuar. Os 11 episódios aínda sen emitir poderán-se ver na Hulu (en Galiza posíbelmente a través da Disney+) a partir do 2 de xuño, baixo o novo título The Orville: New Horizons.