Ted, a série da Peacock que adaptará para a tele as dúas longametraxes de Seth MacFarlane, ven de se facer cun elenco de actores e cun par de showrunners. O mesmo MacFarlane repetirá o seu papel do ursiño protagonista, e ademais será o produtor executivo, director e co-showrunner. Max Burkholder, Giorgia Whigham e Scott Grimes serán os outros protagonistas, mentres que Paul Corrigan e Brad Walsh escribirán os guións.
A série está ambientada en 1993, cando o momento de fama de Ted xa pasou. Agora vive co seu mellor amigo, John Bennet, un rapaz de 16 anos que reside nunha modesta casa de Boston xunto aos seus pais e mais a súa curmá.
Burkholder será John, a versión adolescente do persoaxe que interpretara Mark Wahlberg nos filmes. Nesta série, será aínda un rapaz que debe navegar pola súa adolescéncia coa axuda do seu boneco e amigo preferido.
Whigham é Blaire, unha rapaza universitária de mente aberta que vive co seu curmán John. Grimes é Matty, o fachendoso pai.
Ademais de MacFarlane, Corrigan, Walsh, Erica Huggins, Alana Kleiman e Jason Clark serán os outros produtores executivos.