Susan Sarandon, a mala de Blue Beetle

138

A veterán actriz Susan Sarandon ven de pechar un acordo polo que interpretará á vilá principal, Victoria Kord, na longametraxe Blue Beetle, que adaptará ao cinema ao persoaxe da DC Comics na Warner Bros. Pictures.

Sarandon substitúe no papel a Sharon Stone, quen estaba a manter conversas coa Warners, pero finalmente estas non chegaron a bó porto. O papel de Kord é un persoaxe creado especificamente para o filme, para o que ademais se anunciou que Raoul Max Trujillo úne-se ao elenco, facendo o persoaxe de Conrad Carapax, o Home Indestrutíbel.

Xolo Maridueña (Cobra Kai) é o protagonista no papel de Jaime Reyes, e ademais interveñen George Lopez, Adriana Barraza, Elpidia Carrillo, Damián Alcázar, Belissa Escobedo, Bruna Marquezine e mais Harvey Guillen.

Ángel Manuel Soto dirixe a partir dun guión de Gareth Dunnet-Alcocer, e a estrea está prevista para o 18 de agosto de 2023.