KJ Apa e Isabel May, xemelgos fantásticos

582

O actor principal de Riverdale, o novacelandés KJ Apa, e mais a actriz de Young Sheldon Isabel May, veñen de se facer cos papéis dos álien extra-terrestres Zan e Jayna, os protagonistas da vindeira longametraxe con acción real The Wonder Twins na HBO Max.

Os persoaxes forman parte do elenco oficial de superheroes da DC Comics, pero apareceron por primeira vez nos debuxos animados da Hanna-Barbera The All-New Super Friends Hour antes de se veren nas páxinas do cómic Super Friends e do universo da DC en xeral. Ela ten o poder se se transformar en calquera animal, mentres que el pode transformar-se en auga en calquera estado. A parella conta asemade cun animal de compañía, un mono chamado Gleek.

Polo de agora non está nada claro cantas características dos persoaxes serán trasladadas ás pantallas, dado que na súa versión orixinal eran un produto claramente dirixido ao público infantil. Nombergantes, ambos apareceron xa noutras séries mais ben para adolescentes dos últimos tempos na canle The CW, concretamente en Smallville e en The Flash.

Adam Sztykiel, un guionista que conta entre os seus cretos os filmes Black Adam e Rampage, fará o seu debut coma director con este proxecto, que se rodará en verán en Atlanta a partir dun guión que el mesmo escribiu. Marty Bowen e Wyck Godfrey serán os produtores.