Lynch considera unha corte do director para Dune

57

David LynchCase trinta anos despois da súa estrea, David Lynch continúa rexeitando a súa película Dune, que adaptou en 1984 a novela de Frank Herbert por primeira vez ás pantallas de cinema. Porén agora, nunha recente entrevista, o realizador suavizou un pouco a súa postura e considerou a posibilidade de facer un corte do director con material adicional, aínda que coida que é moi pouco probábel que lle permitan face-lo.