Streets of Rage, outro videoxogo no cinema

73

Após do seu éxito cos dous filmes de Sonic the Hedgehog, a SEGA quere tenta-lo con outro dos seus videoxogos mais emblemáticos, neste caso a franquía de Streets of Rage.

O guionista de Nobody, Derek Kolstad, xa acostumado ás rifas na rúa, escribiu o primeiro esbozo desta longametraxe, baseada no popular videoxogo dos anos 90 no que un ex-policía se enfronta ao sindicato do crime pelexando contra falcatruáns nunha série de pantallas seguidas até chegar ao xefe máximo. Após do seu primeiro lanzamento, en 1991, houbo tres secuelas mais, a derradeira das cales apareceu en 2020.

A mesma produtora dos filmes de Sonic, a dj2 Entertainment, xunto á responsábel da franquía de The Equalizer, a Escape Artists, producirán esta película.