DaCosta dirixe ao bailarín do auga

86

Nia DaCosta, a directora responsábel de Candyman, xa ten un novo proxecto: a adaptación ao cinema da novela supervendas The Water Dancer, orixinal do escritor Ta-Nehisi Coates, para a MGM.

O mesmo Coates escribiu o guión baseado no seu libro, que foi a novela coa que debutou en 2019. O conto é a história en tón surrealista dun superhumán chamado Hiram Walker no sul dos Estados Unidos antes da guerra civil americana. Walker posúe unha memória fotográfica e mais o poder de transportar á xente a través de longas distáncias.

Xa coma adulto, Hiram case afoga mentres conduce un carro e cae ao río, pero alí é salvado grazas ao seu poder, do que nunca antes se decatara e que agora loita por comprender.

Tres compañías produtoras, a Maceo-Lyn, a Plan B e mais a Harpo Films están atrás deste proxecto.