Nevermoor, o regreso dos musicáis

621

O director australiano Michael Gracey ven de recibir o encargo de se poñer á fronte de Nevermoor, a adaptación ao cinema en forma de musical da novela supervendas de Jessica Townsend, para a que a Paramount Pictures adquirira os dereitos en 2017.

A história orixinal vai sobre Morrigan Crow, unha rapaza nacida no día con mais mala sorte do ano e á que lle botan as culpas por todas as desgrazas que acontecen na súa vila, dende o graínzo até os ataques de corazón. O seu meigallo ademais condéa-a a morrer no seu seguinte aniversário.

Pero nunha fuga por un pelo, un home chamado Jupiter North léva-a á cidade máxica de Nevermoor, onde ten a oportunidade de escapar do seu destino e unir-se á Sociedade Wundrous, un grupo de élite de persoas notábeis con talentos extraordinários, pero só se pode triunfar sobre centos doutros nenos nunha série de probas difíciles e perigosas.

Drew Goddard (The Martian, The Cabin in the Woods) escribiu o guión e será o produtor, xunto a Sarah Esberg.