O guionista e director de orixe xaponesa Kitao Sakurai encargará-se da produción executiva e da dirección de vários episódios da série de televisión de acción real de média hora de duración que adapta a franquía de videoxogos Twisted Metal para a Sony Pictures TV, a PlayStation Productions e a Universal Television.
Anthony Mackie protagoniza e é o produtor executivo da série, cuxo guionista, Michael Jonathan Smith (Cobra Kai), exerce de showrunner. Os guionistas de Deadpool, Rhett Reese e Paul Wernick, idearon a história orixinal e tamén serán produtores executivos xunto a Will Arnett.
Esta comédia de acción vai sobre un leiteiro amnésico e malfalado ao que se lle ofrece a oportunidade de ter unha vida mellor, pero só se pode entregar con éxito un misterioso paquete a través dun páramo post-apocalíptico.
Coa axuda dun ladrón de coches de gatillo fácil, enfrontará-se a salvaxes vadíos que conducen vehículos de destrución e a outros perigos da autoestrada, incluído un pallaso tolo que conduce un camión de xeados.