Após de pasar un tempo na sala de espera das decisións a tomar, a Netflix ven de lle dar por fin a luz verde á estrea de Spiderhead, o novo filme de acción e ciéncia-ficción protagonizado por Chris Hemsworth, para o vindeiro 17 de xuño.
Cun guión da parella composta por Rhett Reese e Paul Wernick (Zombieland, Deadpool) e baixo a dirección de Joseph Kosinski (Tron: Legacy), o filme está baseado no conto Escape From Spiderhead, orixinal de George Saunders e publicado en 2010 na revista New Yorker.
Hemsworth interpreta a Steve Abnesti, un científico que proba experimentos con drogas que cambian o estado de ánimo e o comportamento dos reclusos nunha remota penitenciaría de alta seguridade. Pero ás veces eses experimentos son contraproducentes e potencian as emocións enganadas.
No elenco de actores atópan-se ademais Miles Teller, Jurnee Smollett, BeBe Bettencourt, Tess Haubrich, Angie Milliken, Stephen Tongun, Mark Paguio, Sam Delich e Joey Vieira.