O Doutor Strange, prohibido en Arábia

49

Doutor StrangeDoctor Strange in the Multiverse of Madness, o vindeiro filme en se estrear da factoría Marvel, e que chegará ás nosas pantallas a partir do mércores 4 de maio, ven de ser prohibido en tres ditaduras relixiosas da zona do Golfo Pérsico: Arábia Saudí, Qatar e mais Kuwait. A escusa que deron as autoridades é que o filme contén un superheroe LGBT, America Chavez. Esta é a segunda película da Marvel en ser censurada, após de Eternals, polo mesmo motivo.