Alma Har’el dirixe Mockingbird

60

A realizadora israelí Alma Har’el dirixirá para a Searchlight Pictures a adaptación ao cinema da novela de ciéncia-ficción Mockingbird, publicada en 1980 polo escritor Walter Tevis.

Ambientada nun futuro apocalíptico, a humanidade foi desgarrada pola falsa felicidade que dan os narcóticos e a adición á electrónica, polo que a povoación diminúe e as artes se resenten.

A novela orixinal comeza co intento de suicidio de Spofforth, o decano androide da Universidade de New York, que viviu xa séculos pero que agora quere morrer. Entre el, o profesor Bentley e mais Mary Lou xurde un complicado triángulo amoroso no que aínda podería atopar-se a esperanza.

Cinco das seis novelas que publicou Tevis foron xa adaptadas ás pantallas, e entre elas hai enormes éxitos mundiais coma The Color of Money ou The Queen’s Gambit, pero para os fans do xénero fantástico cómpre salientar The Man Who Fell To Earth, que chega á tele nunha série da Showtime que comezou a se emitir esta fin de semana.

J. Miles Dale e Robert Schwartz serán os produtores de Mockingbird.