A Epix renova From para un segundo ano

51

FromA Epix ven de renovar a súa série de ciéncia-ficción e terror From para unha segunda tempada, que se rodará unha vez mais en Halifax (Canadá) e se emitirá a partir de 2023. A série, protagonizada por Harold Perrineau, Catalina Sandino Moreno e Eion Bailey, foi unha das mellores sorpresas do pasado ano, vai sobre unha vila na que ninguén pode saír unha vez entra nela, e acadou axiña unha chea de fans que a converteron na mais vista da canle.