No decurso da CinemaCon que está a ter lugar na cidade de Las Vegas, a Sony Pictures presentou onte un proxecto que suporá a terceira entrega dentro da súa exitosa franquía do Spider-verso en debuxos animados.
A Sony confirmou a secuela en dúas partes de Spider-Man: Into the Spider-verse e ademais fixaron os títulos coma Spider-Man: Across the Spider-verse, que chegará en 2023 e Spider-Man: Beyond the Spider-verse, en 2024.
Entrando en mais detalles, Spider-Man: Across the Spider-verse contará coa maior equipa dunha película de animación da história, con 1.000 personas traballando nela. O filme incorporará 240 persoaxes a través de (polo de agora) seis universos.
O xefe dos estudos, Tom Rothman, amosou-se moi fachendoso cos proxectos, e dixo ao público asistente: “Á oposición só lles diría: ‘tede coidado’. Teño unha grande reputación que manter aquí“.