Marchando mais Venom e Ghostbusters

464

VenomTom Rothman, o xefe da Sony Pictures, confirmou onte que haberá unha terceira entrega da saga de Venom e mais unha quinta da de Ghostbusters, pero non entrou en detalles sobre o que se pode agardar de cadanseu título, porque están polo de agora aínda nos seus primeiros chanzos. As dúas entregas anteriores de Venom recadaron 1.358 millóns de dólares en todo o mundo.