Bad Bunny é Juan Carlos, El Muerto

93

O rapeiro portorriqueño Benito Antonio Martínez Ocasio, mais coñecido coma Bad Bunny, será o protagonista do filme da Sony e a Marvel El Muerto, converténdo-se asemade no primeiro latino que protagoniza un filme de acción real dentro do universo cinemático da Marvel.

O persoaxe de El Muerto, ou Juan Carlos De La Garcia, é un loitador superpoderoso que orixinalmente pelexou contra Spider-Man nun combate benéfico de loita libre mexicana. Despois de que o seu opresor, El Dorado, viñera reclamar a súa vida, foi salvado por Spider-Man, após do cal ambos forman unha equipa para derrotar a El Dorado.

O filme foi anunciado por sorpresa na CinemaCon de Las Vegas e seica conta xa cunha data de estrea, o 12 de xaneiro de 2024.